viernes, 10 de marzo de 2017

Diario de Aprendizaxe

O primeiro día tras recibir o tema que nos tocaba, O estado liberal durante o reinado de Isabel II comecei xunto a Verónica a subliñar as palabras clave ou de vocabulario para facilitar a sintetización do texto. O segundo día seguimos coa mesma tarefa, e despois resumen a páxina 95 do libro de texto relativa á industrialización. Despois íamos a grabar pero non había sitio así que ensaiei a miña parte da lectura durante ese tempo pois non tiñamos aula de informática.
O terceiro día este noves íamos grabar pero como esquecímonos do texto na clase tivemos que pospoñelo. Aproveitei para corrixir alguns erros que tiña o meu resumo da páxina 95 para depois ajudar aos meus compañeiros na tarefa que eles estaban facendo, buscar documentos como cardos ou fotos relativos á lectura do noso tema.
O venres finalmente puidemos grabar a parte que me tocou ler foi o resumo que eu fixera da páxina 95  ademais dun fragmento que fala sobre as influencia da revolución francesa de 1848 no noso país facendo unha pequena comparativa coa de 1789, contando tamén os seus posibles efectos.
Tras grabar a clase xa estaba a piques de rematar a si que o meu grupo non tuvo tempo para montar o video polo que tivémolo que montar na casa. Fixémolo Lucas e mais eu , a parte diso tamén buscamos algún cadro e foto máis.

O estado liberal durante o reinado de Isabel II


viernes, 25 de noviembre de 2016

Narrativa sintética: A Revolución Francesa de 1830

Este é o noso timeline.



Diario de sesións 3

Apoiándome no libro de texto máis na presentación deixei  xunto aos meus compañeiros practicamente rematado o timeline.
Fáltanos poñer en color a síntese dos feitos.
Tivemos o problema de que o programa non nos admite ningunha das imaxes que poñemos.

Diario de Sesións 2

Hoxe comezamos a facer a nosa parte, Álvaro e mais eu atopamos máis feitos históricos relacionados co noso tema.
Tivemos algunhas dificultades para traballar ao só ter dous ordenadores para todo o grupo.

jueves, 10 de noviembre de 2016

diario de sesións

Hoxe fixemos o caderno de equipo (eliximos os cargos) aínda que non tivemos tempo de facer as normas, como solución a este problema decidimos traer unha proposta de norma cada un para falelo rapidamente e poñelo en común o próximo día.
Tamén fixemos o plan de traballo, coma non podemos ter todos un ordenador decidimos quye as  persoas coas tarefas máis relacionadas fixeran dous puntos xuntos nun mesmo ordenador e que se os demais remataban lle deixaran o seu.